viernes, 25 de octubre de 2019

Boa viaxe coas novas mochilas


As mochilas xa están viaxando ás casas das nosas familias . Van cargadiñas de variadas lecturas: banda deseñada, narrativa, poesía, películas, xogos,...Aproveitádeas e compartídeas en familia.

jueves, 24 de octubre de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS



Para comezar unha xornada de formación , imprescindible para guiar ao alumnado na busca de fondos, localización e uso adecuados .

Traballouse coa localización física de fondos e a través do blog e do Meiga .

Tempos de lecer na biblio



Recreos creativos, cheos de actividade lúdica e diversa , con xogos , dramatizacións, contacontos entre os diferentes grupos de alumnos , ...

martes, 16 de julio de 2019

Despedida do alumnado de 6º



Entre sorrisos e bágoas , despedímonos do alumnado de 6º . Fixémolo na Biblioteca e contamos cos alumnos/as , os seus pais e nais e o profesorado . Con palabras de agradecemento, esperanza , nostalxia e moita ilusión . Que teñades moi boa viaxe e ata sempre!