A escritora nun discurso fermoso e conmovedor reivindica os contos clásicos Fala da súa maxia , da maxia das palabras Había unha vez...
" por fin el cuento ha ingresado entre los géneros respetados de nuestra literatura ...Sobre la famosa crueldad de los cuentos de hadas , que por cierto no fueron escritos para niños (...) me estremece pensar saber que mutilan bajo pretextos inanes de correcciones políticas más o menos oportunas y que unas y que unas manos depredadoras imaginando, tal vez, que ser niño significa ser idiota, convierten verdaderas joyas literarias en relatos, no sólo mortalmente aburridos sino, además , necios. Y aún nos preguntamos por qué los niños leen poco?"
Seleccións temáticas
viernes, 29 de abril de 2011
jueves, 28 de abril de 2011
DÍA DO LIBRO
Hoxe, en colaboración co Colexio San Roque, para celebrar o Día do libro, estivemos no incomparable marco do teatro Pastor Díaz da nosa localidade. Foi A xanela do maxín quen nos fixo
disfrutar cos seus títeres e as súas historias tan ben recreadas.
camiño do teatro
lunes, 25 de abril de 2011
Achegamento a Lois Tobío
O día 15 de abril fixemos un achegamento ao escritor que dá nome ao noso Colexio , LOIS TOBÍO. Participamos todos os nenos e nenas. O mestre Carlos Nuevo falounos da súa vida e obra e despois, entre todos lemos un texto que fala da Fonte de Area . A biblioteca, como anticipo das actividades programadas para o Día do Libro, preparou un tríptico que recolle brevemente unha reseña do escritor e que todos levamos a nosa casa para compartir coa familia .
jueves, 14 de abril de 2011
Fábulas con Fátima
Fátima, de San Martiño de Lourenzá, contounos dúas fábulas de Esopo e tamén un contiño de tradición popular. Todos os de quinto e sexto xuntámonos na aula de Audiovisuais e estivemos moi entretidos.
Acompáñanos Suso Cubeiro
No marco das actividades de ANIMACIÓN Á LECTURA , estivo no noso Colexio, cos alumnos de terceiro e cuarto, o ilustrador SUSO CUBEIRO .
Fixo moitos debuxos e tamén unha caricatura de Lois Pereiro coa que nos agasallou ao remate da mañá, deixándoa para a NOSA BIBLIOTECA .
Fixo moitos debuxos e tamén unha caricatura de Lois Pereiro coa que nos agasallou ao remate da mañá, deixándoa para a NOSA BIBLIOTECA .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)