domingo, 26 de febrero de 2012

SEMPRE ROSALÍA

Desde hai algúns cursos vimos celebrando ODÍA DE ROSALÍA. 
Pola mañá , ás 9:30 , xa temos funcionando o proxector .A medida que suben os nenos/as van pasando as imaxes da presentación que recorre a vida e obra de Rosalía . De fondo soan poemas musicados e interpretados por Amancio Prada e outros artistas . O alumnado permanece uns minutos na balaustrada que bordea os corredores e , ao remate da presentación, entra nas aulas .
Xa dentro das aulas , cada alumn@ recibe un libriño elaborado polo equipo da biblio, que consiste nunha recomplación da obra da autora, pequenos retazos da súa vida, a súa proxección máis aló do puramente literario , algún xogo poético e pasatempos baseados na comprensión dos textos escollidos para esta publicación .