sábado, 20 de diciembre de 2014

A cabalgata

La Voz de Galicia recolle un momento do paso da cabalgata escolar polas rúas .

viernes, 19 de diciembre de 2014

Remate das actividades de Nadal

Hoxe tivo lugar a cabalgata de Papá Noel . A comitiva acompañouno desde o porto ata o cole con carrilanas , xogos populares e música tradicional .
Xa no patio , panxoliñas e danzas .
Como remate , o Pregón , o reparto de calendarios elaborados no Colexio para agasallar a todas as familias e un bocadillo de pan con chocolate .Unha mañá moi competencial .
Grazas a tod@s os que colaboraron con esta iniciativa : mestres, ANPA , Concello de Viveiro , Policía local , pais /nais e alumnado .
Nadal no cole e na rúa on PhotoPeach

Nadal no cole e na rúa on PhotoPeach

Nadal na rúa e no cole on PhotoPeach

Nadal na rúa e no cole on PhotoPeach

martes, 16 de diciembre de 2014

NADAL SOLIDARIO

Un mercado solidario lévase a cabo no centro Geriatros aquí en Viveiro . O noso Colexio colabora con esta magnífica iniciativa donando :
- produtos do noso horto : leitugas, remolacha, cebolas, aromáticas ,...
- libros de expurgo da biblioteca
- xoguetes tradicionais : pións e bailarotas
- calendarios escolares
- debuxos do alumnado
Ademais participa animando o mercado con grupos de música e danza . O alumnado de 6º interpreta varias pezas de música popular e algunhas panxoliñas e os nen@s de 2º fan tres danzas : muiñeira de Lugo, pandeirada de Rao e Vals do gaiteiro .

lunes, 15 de diciembre de 2014

CALENDARIO 2015


Nesta tarde de finais de trimestre, unha boa parte da comunidade educativa reuniuse na Biblioteca do centro , onde tivo lugar a presentación do calendario do vindeiro ano . O alumnado de 6º , coa colaboración de todo o profesorado , elaborou un calendario que percorre o curso do ano , enchendo os meses de contidos etnográficos e tradicionais . Foi un traballo documental que levaron a cabo aproveitando as actuais tecnoloxías da comunicación . Esta tarefa constitúe unha actividade integrada , que potencia de forma evidente o desenvolvemento de diferentes competencias , fundamentalmente a de aprender a aprender e a dixital . Os nen@s esta tarde fixeron ademais unha importante actividade de expresión e comunicación oral ; axudados dunha presentación foron explicando a composición e formato do calendario , introducindo interpretacións musicais e rematando cun pregón , no que se invita a celebrar en familia esta festa.


Escoitade o pregón :

viernes, 12 de diciembre de 2014

Entrega de premios

As actividades programadas para este Nadal seguen a desenvolverse día a día . A entrega de premios para os gañadores do concurso de postais deixou algunhas imaxes para o recordo . Todos están moi content@s co agasallo recibido , que , como non podía ser doutra maneira , consistiu nun libro.






martes, 2 de diciembre de 2014

Moitas actividades polo Nadal

Entra o mes de Nadal e un amplo programa de actividades está preparado para celebrar este remate do primeiro trimestre . Desde a aula de Relixión xa está montada a exposición de postais e o concurso , no que resultaron premiados 21 alumn@s , un de cada aula e un premio extraordinario por nivel . Os agasallos ( xentileza da editorial Santillana ) son libros , un formidable material para empregar o tempo de ocio nas próximas vacacións . Noraboa por participar.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Moitos traballos no mes da Ciencia

Todas as aulas fixeron os seus traballos de investigación .Os de 1º e 2º , ademais de coñecer a dous dos grandes científicos : Xosé Rodríguez e Newton , investigaron sobre o mundo animal . Elaboraron moitos murais sobre diferentes especies e a súa evolución .

Investigación científica



Tamén o alumnado do 2º ciclo elaborou diferentes murais sobre inventos . Son sinxelos , pero colaboraron e colaboran moi directamente con nós na escola , axudándonos a desenvolver as nosa tarefas diarias.

jueves, 27 de noviembre de 2014

Máis ciencia

Os alumn@s de 4º , entusiasmados co seu experimento, visitaron as diferentes aulas do Colexio para presentar o seu traballo
Tamén o alumnado de 5º compartiu o seu experimento

viernes, 21 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

A biblioteca e EDL , de forma conxunta , diseñamos unha proposta de actividades para as diversas aulas e para traballar durante este mes .
Todos os niveis fan un breve estudo sobre os científicos homenaxedos este ano : Newton e o galego Xosé Rodríguez . Ademais , os de 1º ciclo , adícanse a observación da evolución de diferentes especies animais ; os do 2º ciclo , traballan sobre os inventos e os do terceiro, resolven enigmas matemáticos . E todos levamos a cabo sinxelos experimentos nas aulas que resultan moi gratificantes e espertan gran entusiasmo e curiosidade entre o alumnado. Para facilitar materiais , a biblioteca expón moitos dos seus fondos con temática científica.
Empezan a surxir algunhas imaxes dos experimentos .


Intercambio de experiencias

O Coro do Colexio , unha forma de disfrutar da literatura, da música e das tradicións .
O noso coro disfrutou hoxe dun público moi especial : os nenos e nenas do San Roque . Compartiron un tempo de xogos , música, historias e tradicións.

Aulas abertas- experiencias compartidas

Nas aulas de 6º elaborouse unha presentación para difundir entre os máis pequeniños os coñecementos que sobre reciclaxe e coidados do Medio foron aprendendo eles . Logo , invitouse a que viñeran os compañeir@s de 1º e 2º ás nosas aulas para vela . Pensamos que así , ademais do traballo documental que esixe a elaboración , fomentamos tamén a expresión e comunicación oral.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Protexéndonos

Recentemente , membros da policía Nacional visitaron o noso Colexio para explicar ao alumnado como mellorar a navegación na rede , como ser efectivos sen correr riscos e como protexer a nosa identidade . Moitas grazas .

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Matemáticas na Biblioteca


AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

O Centro Dramático Galego ofreceu esta mañá en Viveiro un espectáculo de calidade óptima que gustou moito ao alumnado e profesorado . Magníficos actores e actrices, posta en escena excelente ; un tempo para aprender disfrutando .

martes, 11 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS

Entre as tradicións do Outono , celebramos dúas de maneira especial : o Samaín e o Magosto . Propostas e organizadas polo equipo de EDL , contan con diversas actividades festivas . Pequenas mostras da festa :
video



ANIMANDO O MAGOSTO 2014 from Bibliolois on Vimeo.


martes, 4 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO
Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí
cando algún se faga moi rico cos seus achados”.
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao
contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran
sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba
de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O
seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran
ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que
se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un
salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si
que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número
de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu
traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e
da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo
talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa
cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante,
pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que
aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente
valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o
mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser
máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”,
escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo
voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave
da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a
garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran
dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia

lunes, 27 de octubre de 2014

Outono de recolección

Continuando cos nosos traballos documentais , neste curso tócalle a un froito típico de Outono : o marmelo

viernes, 24 de octubre de 2014

Reportaxes breves para o recordo do Día da Biblioteca 2014

Día da biblioteca2014 on PhotoPeach



Reportaxe II on PhotoPeach

50 anos con ...

Durante a mañá de hoxe celebramos o Día da Biblioteca . Os diferentes grupos pasaron por ela . Aproveitando que este ano as Matemáticas teñen unha especial mención expuxemos moitas das novidades que mercamos con esta temática . O alumnado de 5º e 6º , a través do estudo do prisma , compuxeron un rompecabezas adicado a Mafalda, Mary Poppins e A Pantera Rosa.Todos os compañeir@s de cursos inferiores xogaron a descubrir que tres personaxes levaban 50 anos formando parte do mundo da literatura e do audiovisual . Logo , para saber máis, viron e escoitaron as representacións que fixeron os alumn@s de 5º e 6º . Moitas reflexións de Mafalda e moita música e danza coa niñera Mary Poppins e a investigadora Pantera ( representada a través dunha marioneta de madeira ) .

domingo, 19 de octubre de 2014

Premios Príncipe de Asturias

A nosa veciña Asturias e a súa capital Oviedo vístense de gala para a entrega dos premios príncipe de Asturias . O premio de comunicación e humanidades será para QUINO, ese mito do humor , creador de MAFALDA (que acaba de cumprir 50 anos ). Nas múltiples entrevistas que , con motivo deste galardón , lle fixeron , el conta que o nacemento de Mafalda foi fortuito. Foi creada para protagonizar unha campaña publicitaria que nunca viu a luz. Noraboa a este debuxante e que perviva o humor e o espíritu crítico!

miércoles, 15 de octubre de 2014

Día da Biblioteca


Todo está preparado para esta celebración . Fixemos un rompecabezas xigante no que o alumnado pode descubrir que tres personaxes do mundo infantil están de aniversario . Serán os maiores os anfitrións que recibirán aos máis pequenos na Biblio para facer unha breve presentación do significado que teñen Mafalda, Mery Poppins e A Pantera Rosa .
Para ir activando a mente , podedes ir vendo algúns videos.






martes, 9 de septiembre de 2014

miércoles, 18 de junio de 2014

Despedida da promoción 2008 - 2014

A biblioteca acolleu o acto de despedida e entrega de orlas ao alumnado de 6º

¿Qué es un Rey para ti ?

Máis de 2100 traballos presentados ao concurso e , entre os premiados unha alumna do noso centro , Lucía Pernas de 6º C . Felicidades !

lunes, 9 de junio de 2014

Biblioteca municipal de Viveiro

Dúas alumnas de 5º , entre outros escolares , veñen de recoller diploma e agasallo . Participaron cos seus debuxos no concurso convocado pola Biblioteca municipal con motivo das Letras Galegas. Felicidades !

viernes, 6 de junio de 2014

Animación en 1º ciclo

Iago López estivo na biblioteca , nun encontro cos escolares de primeiro e segundo . Unha sesión moi animada , na que participaron moi contentos todos os nen@s .

viernes, 30 de mayo de 2014

Qontos en movemento

Trátase dunha campaña de animación á lectura que combina Literatura , Plástica e Educación Audiovisual. É unha campaña ofrecida pola Deputación de Lugo e OQO editora .

jueves, 29 de mayo de 2014

Letras Galegas 2014

O festival das Letras Galegas celebrouse, como cada ano, no Teatro Pastor Díaz. En horario extraescolar e repartido en dúas xornadas ( por problemas de cabida) . Alí os nosos alumn@s demostraron un montón de habilidades ; houbo algo de todo :
- Recitados
- Teatro
- Conta chistes
- Telenoticias
- Reseña de Díaz Castro
- Moita danza e música
- Acrosport
Foron casi 5 horas de festival ; polo que é difícil recollelo. Un alto nivel de participación e de entusiasmo.


Festival Letras Galegas 2014 from Bibliolois on Vimeo.

Festival Letras Galegas 2014 from Bibliolois on Vimeo.

Festival Letras Galegas 2014 from Bibliolois on Vimeo.

domingo, 25 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

No mes das LETRAS , o Seminario de Estudos Terra de Viveiro organizou un acto conmemorativo desta festa .Colaborou o CEP Lois Tobío a través do coro e do alumnado de 3º ciclo . O Presidente do Seminario e mestre deste centro , Carlos Nuevo , fixo unha reseña do significado que ten a festa das Letras Galegas e falou do autor homenaxeado este ano . O ambiente musical púxoo o coro , que representou e cantou un romance , unha retahíla , un conxunto de pezas infantís ,... entre outras composicións e tamén acompañou con instrumentos ás voces dun grupo de alumn@s de 3º ciclo que recitaron e leron poemas de Díaz Castro , Manuel María, Xoán Neira e Rosalía de Castro .