viernes, 6 de marzo de 2015

O coro e a poesía

A biografía de Luz Pozo Garza " Á procura da poesía " presentouse o pasado sábado en Viveiro nun entrañable acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro .
O coro do Colexio participou deste evento interpretando poemas, música popular e coa posta en escena dun romance ( música e dramatización ) .
Unha espléndida maneira de facer aos nen@s partícipes da cultura .