miércoles, 29 de abril de 2015

Refraneiro de Cervo a Viveiro

Presentación do refraneiro

Presentación do refraneiro from Bibliolois on Vimeo.



Exposición no Colexio dos traballos aportados polas familias deste Centro .
Noraboa a todas e grazas. !






Diferentes grupos visitando a exposición






lunes, 27 de abril de 2015

Actividades no mes do libro


O escritor Xoán Neira estivo no cole ,co alumnado de 6º, para impartir unha charla na que explicou como facer diferentes xogos poéticos : palíndromos, caligramas, anagramas, ... e falar do seu libro " Un niño no xardín " .Foi un encontro de proveito , no que todos tiveron ocasión de preguntar e saciar as curiosidades que suscitou a lectura deste poemario .





Abraham Carreiro estivo no Colexio , impartindo un taller de ilustración para alumnado de 5º e 6º . Un verdadeiro luxo compartir con el o noso tempo .
Os nen@s aprenderon as características que marcaban os debuxos de distintos personaxes : malvados , bos, aparvados ,...Tamén como debuxar unha liña de movemento e a súa significación , as luces , sombras , tipos de bocadillos ,...

O alumnado tomou algúns apuntes e puxo en práctica algún consello , pero , sobre todo, ilusionouse descubrindo as posibilidades que ofrece o debuxo.

viernes, 24 de abril de 2015

23 de abril

Recollemos algún momento da lectura en kamishibai que fixeron os alumnos de 6º para os máis pequenos

FEROZ , O LOBO from Bibliolois on Vimeo.

FEROZ , O LOBO from Bibliolois on Vimeo.

Feliz Feroz from Bibliolois on Vimeo.

jueves, 23 de abril de 2015

Achegamento da música e os instrumentos

Un grupo de músicos do Conservatorio estiveron onte na Biblioteca mostrando ao alumnado diferentes tipos de instrumentos : o seu sonido , características, formas, usos, etc.
Un exemplo máis de actividade compartida. 

video

O soño de Matías


Adaptación do conto O soño de Matías polo alumnado de 6º

jueves, 16 de abril de 2015

Premio Picasso coruñés

A alumna de sexto , Rosalía Fernández Barcón , foi merecedora do premio Picasso Coruñés ao mellor xornal ( categoría A ) . A obra levaba por título " El papagayo de Viveiro " . Noraboa polo esforzo e a creatividade.

miércoles, 15 de abril de 2015

Contos da lúa

Contacontos de Trécola .
Estivo na Biblioteca co alumnado de 1º e 2º . Contou historias para sorrir e entreter . Nesta ocasión , a intérprete de signos do colexio acompañou ao contacontos , signando a narración . Unha fórmula necesaria para atender á diversidade.

Achegando a literatura e a música

Ademáis de compartir o tempo libre coas persoas maiores ; tratando de enlazar dúas xeracións tan diferentes , pero tan complementarias ,o coro estivo o pasado luns en Geriatros e alí interpretaron con voces e instrumentos cancións infantís, romances, populares de Galicia , algunha inédita , .... Unha fórmula para achegarse á literatura e á música.

viernes, 10 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

FELIZ FEROZ , versión feita polo alumnado de 6º para Kamishibai

miércoles, 8 de abril de 2015

Alimentación e actividades interdisciplinares

Desde o equipo de biblioteca, elaborouse esta proposta de actividades para traballar as competencias lingüística e matemática , partindo da lectura de etiquetas alimenticias . Un traballo integrado no PDI anual .