viernes, 29 de mayo de 2015

Encontro con An Alfaya




Hoxe o alumnado de 6º encontrouse coa autora de " O recendo das clementinas " , An Alfaya . De novo , un gustazo recibila neste centro.

jueves, 28 de mayo de 2015

Festival das Letras Galegas

Organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística , tivo lugar esta semana o xa tradicional Festival das Nosas Letras .Desenvolveuse no incomparable marco do teatro Pastor Díaz e contou cun variado programa de actividades que , por ser extenso , fíxose en tres sesións . Participaron todas as aulas do Centro e foron moitos os pais/nais e outros familiares os que nos acompañaron . Das presentacións encargouse Carlos Nuevo , mestre do centro e cronista oficial , el foi enmarcando cada un / unha dos autores /as e as obras interpretadas.


Festival Letras galegas I parte on PhotoPeach

Festival Letras Galegas II parte on PhotoPeach

Festival Letras Galegas III parte on PhotoPeach

lunes, 25 de mayo de 2015

Participación no III Festival de Voces Xóvenes de Foz


O coro do Colexio participou no III Festival de Xóvenes voces do Concello de Foz . Unha vez máis , o alumnado participa e colabora en actos culturais , fóra do centro .
Literatura e música que , como moitas outras veces ,van da man .




Antes de cantar , tiveron tempo de xogar un pouquiño e despois da súa interpretación foron convidados a unha fantástica merenda.

martes, 19 de mayo de 2015

Non á droga

Hoxe o alumnado de 6º asistiu a unha terceira charla- coloquio , na que se transmitiu a importancia de saber decir non en determinadas situacións nas que se poden atopar os nosos nen@s .
 A policía , de novo , encargouse desta actividade , cuxa finalidade é a de formar e informar á futura xuventude , explicando con claridade e rigor as consecuencias que se poden derivar do consumo das drogas.

lunes, 18 de mayo de 2015

ROTEIRO LITERARIO









Para festexar o "Días das letras galegas " , fixemos un percorrido literario polas rúas e prazas de Viveiro . Foi un acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro , e un nutrido grupo de escolares, mestres , pais e nais da nosa comunidade participamos nel .
Houbo música galega e recitados de poemas ; así como lectura de dous contos do homenaxeado este ano .



martes, 12 de mayo de 2015

Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro



Inauguramos hoxe a exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro . Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña .
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e , por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.

Nesta tarde que remata , o EEI San Roque ofreceunos Cocorico (Teatrillo de títeres )e co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas . Había libros para os avós , poemas de Rosalía , a ritmo de rap ,e arrolos para os máis pequenos. O arrecendo das bibliotecas invadiu a sala do Concello de Viveiro.

Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores , foi o turno do CEIP Pedrosa Latas , que dramatizou " O país dos mandóns" e O CEIP Pedro Caselles Rollán , que nos traían como proposta " Eu son Rosalía cando ..."

Neste tarde de xoves , o CEIP de Covas representou unha obra ( con moitas Matemáticas ) : " A matemática historia de cadrado e circuliña" , despois chegaron as Regueifas desde Cervo ( unha proposta moi , moi tradicional ) e , por último o CEP Lois Tobío , que nos trouxo " A vella do bosque " ( un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ) , " A vella a fiar " ( retahíla musicada) e , por último , a profe Rebeca fixo de excelente contacontos , narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título " A vella do bosque " .

Mañá chega o remate das actividades e clausuramos a exposición . Están encargadas de facelo os alumn@s dos institutos participantes : Vilar Ponte e María Sarmiento . Interpretarán cancións infantís e " La verbena de la paloma "

A vella do bosque from Bibliolois on Vimeo.

lunes, 11 de mayo de 2015

Animación á lectura

Hoxe estivemos na Biblioteca con Paula Carballeira . Todos os nen@s de 4º , mantendo moitísima atención , poideron disfrutar dunha magnífica sesión de contacontos.



Tamén os alumn@s de 1º e 2º participaron hoxe doutra estupenda sesión de animación , dirixida por Iago . " Augusta e os seus contos" . A intérprete axudouno , signando a actividade.


jueves, 7 de mayo de 2015

CAMIÑO DE SANTIAGO

Un camiño entre árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, bidueiras ,...


Un camiño refrescante, a carón do río Oribio e outros regatos pequenos. A auga , elemento de vida .


Arquitectura popular no camiño



Arquitectura monumental



Un camiño para a convivencia : pais/nais, mestres/as e nenos/as . Comunidade saudable .

Un camiño tamén para o lecer

martes, 5 de mayo de 2015

Lugo emprende

Unha magnífica exposición que , de seguro , será de utilidade ao noso alumnado . Reflexións que achegaron aos nen@s os conceptos de emprendedor /a , unha boa idea , innovación , inventos, ... e unha importante conclusión : " do día a día , poden sacarse ideas. " . Para rematar , xogaron a ser emprendedores , intentando buscar solucións a un problemma da vida cotiá .