viernes, 18 de diciembre de 2015

FIN DO TRIMESTRE

Esta mañá remataron os actos de Nadal na escola , foron moitos e moi diversos : exposición e concurso de postais e outros murais, colocación dos beléns e dos reis magos nos dous edificios , IV San Silvestre , coa participación de pais/ nais , alumnos/as e mestres/as, presentación do calendario da Historia de Viveiro , participación no mercadiño de Geriatros e , por último, cabalgata de Papá Nöel Hoxe, a cabalgata de Papá Nöel partiu dos xardíns Noriega Varela para chegar ao noso centro , a través da Ponte da Misericordia .Ademais da participación de toda a comunidade , contamos coa colaboración do Concello e da Policía municipal. Grazas a todos . Na comitiva había carrilanas, músicos, malabaristas , zancos, cordas , cánticos ,...e ata un carriño , cargado de ilusións e transportado polos participantes máis pequenos .Pechando o desfile , apareceu Papá Nöel , montado sobre un burro ( facendo un guiño a unha especie en perigo de extinción ) . Unha parte do alumnado esperaba no Colexio para recibir a esta comitiva cantando panxoliñas e lendo o Pregón . Despois, Papá Nóel tivo ocasión de falar cos nenos e nenas , agasallándoos cun bocadillo de chocolate e o noso calendario .

NADAL ESCOLAR

Seguindo cos actos programados para esta semana de Nadal na escola , participamos no Mercadiño solidario en Geriatros . Trátase dunha iniciativa para recaudar fondos para o banco de alimentos . Ademais de facer algunhas donacións , o noso colexio actuou para crear ambientación , interpretando varias pezas de música nas que profesorado e alumnado tocaba, bailaban e cantaban . A modo de exemplo , un pequeno video
Mercadiño solidario 2015 - Geriatros from Bibliolois on Vimeo.
Imaxes para o recordo :

miércoles, 16 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO

O calendario elaborado nas aulas de 5º e 6º foi presentado onte pola tarde na Biblioteca. Asistiron pais, nais, mestres e o propio alumnado que deu lectura aos textos que eles elaboraron , ao mesmo tempo que explicaron como fixeron as ilustracións . Para rematar , os alumnos e alumnas de 6º leron o pregón que abre O Nadal escolar do presente curso.

lunes, 14 de diciembre de 2015

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O concurso de postais de Nadal está presente en todos os corredores do colexio . Os nenos e nenas fixeron un gran esforzo para plasmar graficamente a súa idea do que representan estas datas e moitos foron os agasallados . Houbo un premio por aula e un especial para cada nivel ; pero non esquezamos que o máis importante é participar e disfrutar aprendendo . Noraboa a todos/as.


AS NOSAS GUÍAS DE LECTURA PARA NADAL


As nosas guías levan unha breve reseña do desaparecido Neira Vilas . É unha maneira de espallar entre as familias o recordo dun escritor entrañable .








/L4susVv3xoiLWCep27IWUS9FgWcxdq0VABWSsBj3oPco










viernes, 11 de diciembre de 2015

CALENDARIO

Chega Nadal e son moitas as actividades que se suceden ao longo deste mes . Unha moi completa é a elaboración do calendario para o vindeiro ano . Supón un esforzo de búsqueda, síntese, elaboración e organización . Feito polo alumnado de 5º e 6º , será presentado á comunidade educativa o vindeiro martes na biblioteca.

viernes, 4 de diciembre de 2015

O coro no Colexio San Roque



Neste Nadal o coro estivo compartindo unha mini xornada escolar co alumnado do Colexio San Roque . Un tempo de literatura, música, tradición , danzas , xogos rítmicos ...
Ao regreso , os nenos e nenas repuxeron enerxía cuns churros e un chocolate , ofrecido por unha mamá .

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Actividades artísticas


Comezamos o mes de Nadal e con el moitas actividades complementarias e extraescolares .O coro do Colexio estivo en Betania o pasado sábado para cantar, interpretar , dramatizar ,.... Esta formación renóvase cada curso , pois en xuño despedimos ao alumnado de 6º e en outubro damos a benvida aos alumnos e alumnas de 3º que se incorporan voluntariamente a el. O seu traballo prepárano en horario extraescolar todos os luns pola tarde e algún sábado pola mañá. Un colectivo que , ademais de disfrutar e aprender música, aprende sobre colaboración, traballo en equipo, disciplina, compromiso, solidariedade, autocontrol, organización ..., entre outros valores.
Por outra banda, coñece as tradicións do noso pobo, a música popular,diferentes tipos de instrumentos, pequenas danzas, etc . Un mundo intimamente ligado á literatura e á lectura.






Para ver as fotos PINCHA

Outras actividades artísticas fixéronse nas aulas de 6º , interpretando " El grito"