viernes, 25 de noviembre de 2016

Música pola igualdade


Hoxe os nenos e nenas do coro foron cantar ao  Colexio San Roque . Foi un acto pola igualdade . Compartiron unha xornada que tivo como protagonista á música , como instrumento conciliador, igualitario e vital.



Tamén se levaron a cabo outros traballos de reflexión nas aulas para dar visibilidade ao problema da violencia e dicir NON .

viernes, 11 de noviembre de 2016

De Magosto e Outono



Do magosto , dos froitos típicos do Outono , das características e costumes desta época do ano, ...
falou hoxe Carlos Nuevo , mestre do cole, para todos os nenos .
A presentación audiovisual mostra fermosas imaxes de moitas das cousas que nos contou, algunhas que recordamos e outras que nos sorprenderon .

miércoles, 2 de noviembre de 2016

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dispostos para pensar, observar, relacionar , analizar, ... Queremos ser científicos !

O equipo da Biblioteca , en colaboración con EDL, elaborou unha proposta de actividades para pensar e potenciar o espíritu crítico e emprendedor .
Na hora de ler , durante o mes de novembro, adicaremos uns minutos a resolvelas.






MANIFESTO de Isabel Aguirre De Urcola , co gallo do Mes da Ciencia .


“Solo el que sabe es libre, y el que más sabe es más libre”. Miguel de Unamuno
Encántame a definición da ciencia como un sistema de coñecementos
ordenados. Cando os nenos preguntan insistentemente, e ás veces
fastidiosamente, “por que?”, están establecendo as bases dos seus
coñecementos. Amplialos e ordenalos será unha tarefa que poderá
enriquecelos ao longo da súa vida. Porque unha das marabillas do
pracer de aprender é que nunca se termina de aprender.
Penso que todos nós deberiamos de ser conscientes de que construír
un futuro para o noso país é construír un futuro para o mundo, e esa
construción haberá de basearse na sabedoría daqueles que nos
precederon, pero tamén na daqueles que están a traballar, a investigar e
a descubrir todos os días.
Os coñecementos científicos marcan a historia da humanidade no seu
sentido máis amplo, xa que esta non podería entenderse se non o fose
dende o desenvolvemento da tecnoloxía baseada sempre na ciencia:
dende a agricultura á máquina de vapor e aos voos espaciais.
Ao tempo, os humanos temos un instrumento único para á transmisión
do coñecemento: a linguaxe. Unha linguaxe diversa e rica ao longo do
mundo e que para os galegos é especialmente vantaxosa, xa que, unida
ao noso irmán o portugués, podémonos entender con 280 millóns de
habitantes, e aínda máis, cos 400 millóns que falan español. Somos ricos
en número, está claro, pero ademais somos ricos en matices, en xiros, en
sutilezas. Esta riqueza da nosa lingua estou certa de que nos axuda a ver
o mundo dende a reflexión e a dúbida. Non é acaso esta actitude a clave
para nos aproximar ao coñecemento?
A globalización na que vivimos é tamén outra enorme vantaxe para
achegarnos ao coñecemento. Un coñecemento que está recollido
basicamente na inxente bagaxe das nosas bibliotecas, a día de hoxe
moitas delas públicas, e tamén, e cada vez máis, dende a facilidade das
comunicacións informáticas. Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia
vivimos no mundo.
Isabel Aguirre de Urcola
Arquitecta
Novembro 2016




Outros traballos do noso alumnado :

murais, debuxos , ...



E traballos de observación ,recollida de datos , ... no noso xardín meteorolóxico . Despois na aula fanse gráficas e outras aplicacións prácticas .