miércoles, 15 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA





Ciencia todos os días , pero especialmente neste mes de novembro queremos achegar a figura de Baltasar Merino e un pequeno caderno de actividades con moita ciencia e que nos fan pensar . Cinco minutos diarios para facer día a día as actividades que propoñemos. Unha maneira lúdica de pensar, aprender e activar o teu inxenio.

lunes, 13 de noviembre de 2017

O MAGOSTO











Unha tradición galega que non pode faltar no ámbito da escola . Arredor do San Martiño temos cita coas castañas, os colares de zonchos , a festa e a convivencia .

Contamos ademais coa castañeira máis" marchosa" e todos os grupos prepararon bonitas cestas para recoller as castañas e comelas quentiñas .

ÁLBUM DE FOTOS ( PINCHA)

lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017



O Departamento de L. Galega , xunto coa Biblioteca e o resto de profesorado están desenvolvendo unha chea de actividades para esta celebración .
- Ambientación de portas nas aulas,
- Obradoiro de globoflexia , a cargo da compañeira Marta. Cos resultados deste obradoiro decoráronse os corredores con arañas de gran tamaño que xunto a unha chea de cabazas fan que o Colexio se enchera de imaxinación e fantasía terrorífica.
- Contacontos a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º que , nun ambiente de medo, foron apadriñar aos máis pequenos de 1º , 2º, 3º e 4º. A posta en escena destes contos estase a desenvolver na xornada de hoxe e continuará na de mañá. Cada aula encargouse dun relato diferente , todos eles con temática medoñenta.
- E para rematar a xornada do 31 farase "a queima dos medos" . Os máis pequenos escriben o peor dos seus medos e quéimano nun pote , axudados por unha bruxa ...moi bruxa .
Tío Lobo , polo alumnado de 5º C







O home do saco , alumnado de 5ºB

 



Drácula, polos nenos e nenas de 6º C



A bruxa Regañadentes , polos nenos e nenas de 6º B
B


O Sacapenas , polo alumnado de 6ºA





O monstruo de Ricardo







PINCHA PARA VER ÁLBUM


miércoles, 25 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA



Resultado do concurso " Deseña a mascota da túa Biblioteca" é esta Biblioreta coa que estreamos o novo curso e as actividades da Biblioteca . Hoxe presentámola a todo o alumnado do Centro nun acto no que despedimos ao vello dragón e contamos a historia da súa vida. Esta historia foi creada polo alumnado de 1º nun pequeno obradoiro de creación e hoxe leuse na Biblio .Quedou moi bonita.







ÁLBUM (Pincha aquí)





Antes de marchar definitivamente, Drago deixou esta historia en forma de agasallo para cada neno do Cole .

Tamén se entregaron premios a cada un dos finalistas das aulas participantes .





E mirade que deseños finalistas !

viernes, 20 de octubre de 2017

Guía de usuarios 2017



Temos unha nova guía , actualizada e acorde coa distribución da Biblioteca.Explorade ben todos os recunchos.


lunes, 25 de septiembre de 2017

Benvidos á Biblioteca


Comezamos este curso con ansias de renovación . Andamos en busca de mascota . O vello Dragón vaise e ... se queredes saber por que razón marcha , estade moi atentos porque o próximo 24 de outubro, Día da Biblioteca , poderás descubrilo .
Namentres colabora buscando mascota

miércoles, 5 de julio de 2017

jueves, 15 de junio de 2017

O máis refrescante ?...UN LIBRO INTERESANTE



Apadriñamento lector



Hoxe pola mañá recibimos ao alumnado do Colexio San Roque que, no vindeiro curso, empezarán a etapa de EP .
Foron os escolares de 6º os encargados de darlles a benvida á Biblioteca coa lectura dun conto : "A bruxa Discordia " .

miércoles, 14 de junio de 2017

Día da Lingua de signos



Esta lingua xestual que serve para que nos comuniquemos coa comunidade con discapacidade auditiva e que ademais fai posible e enriquecedor o feito comunicativo.

O alumnado e profesorado da aula de 3º C do noso Colexio participou neste video :

lunes, 5 de junio de 2017

Xornada con Ledicia Costas



Tivemos a sorte de ter a Ledicia co alumnado de 5º e 6º na Biblioteca . Falounos da obra que foi lectura obrigada no presente curso " Esmeraldina, a cociñeira defunta" . A nosa curiosidade quedou saciada , gustounos moito tela aquí . Grazas por vir.

jueves, 1 de junio de 2017

Anxo Moure na Biblioteca



Esta mañá Anxo estivo cos nenos e nenas de primeiro e segundo . Con el aprendemos contos solidarios , transmitindo a través da Literatura, do arte, da expresión e comunicación valores para unha convivencia mellor .


lunes, 29 de mayo de 2017

O coro - voluntariado que goza e comparte arte

Unha nova xornada na que o coro estivo en Betania para compartir a tarde cos nosos maiores , interpretando as súas cancións infantís, populares,... . Música,danza, xogo , valores , traballo cooperativo ,...

Formación de usuarios en rede

Navega con Rumbo é unha iniciativa para colaborar cos Colexios nunha educación preparatoria para o uso adecuado de Internet , é dicir axudar a navegar con tino, evitando riscos e de forma segura. Na mañá de hoxe estiveron co noso alumnado de 6º .

martes, 23 de mayo de 2017

EU=QUE TI



Baixo este lema traballaron ao longo do curso , en diferentes semanas, con todos os grupos do Colexio , a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais de Viveiro .
Verdadeiras leccións de convivencia e valores cívicos e sociais. Trátase de sensibilizar e potenciar a actividade dos nenos e da xuventude na construción dunha sociedade mellor.

lunes, 22 de mayo de 2017

Semana cultural das Nosas Letras


Esta vai ser a semana na que durante tres tardes consecutivas , en horario extraescolar, todo o alumnado deste Centro , xunto con mestres e pais van ao teatro Pastor Díaz a render homenaxe á nosa cultura . Este ano ,con especial adicación ao autor homenaxeado , pero en xeral traballando as nosas letras, a cultura, a música, a tradicións,... e todo expresado artísticamente . Un esforzo por parte de todos que agardamos que vos guste.
O alumnado de 6º investigou sobre Casares e fixo este pequeno resumo



o noso programa de actividades :

viernes, 12 de mayo de 2017

Artístico mes das flores



O coro do Colexio compartiu unha xornada adicada aos Maios en Geriatros , nun encontro interxeracional de convivencia e valores de formación humana ; sendo a música e a danza o vehículo de comunicación e expresión artística.

jueves, 11 de mayo de 2017

Exposición colectiva "A Mariña con moita arte"



Hoxe tiveron lugar , na Praza Maior de Viveiro ,os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares de trece centros diferentes da nosa comarca e que están a formar parte da Microrrede A Mariña de bibliotecas escolares.

A xornada de hoxe puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras.As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia , invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite , como escoitamos hoxe no discurso que pechou o acto .
Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moito arte , en forma de música . Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura , facendo unha homenaxe a Maruja Mallo , á música popular , Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
Contamos tamén co espectáculo do Brinca Vai no teatro Pastor Díaz .

Noraboa a todas as familias participantes e ás comunidades educativas en xeral .










viernes, 21 de abril de 2017

Letras Galegas 2017



Ás portas do mes de maio estamos preparando os materiais e os traballos feitos para a exposición conxunta das Bibliotecas da Mariña . Esta é unha das actividades que levaremos a cabo e xa podedes ver o cartel anunciador e o díptico que convida a todos a visitar a exposición .


A exposición na Biblioteca do Colexio:


Viveiro Monumental from Bibliolois on Vimeo.



MES DO LIBRO

Son moitas as actividades programadas para a celebración deste mes do libro :

Encontros na Biblioteca .
autores: Ledicia Costas, An Alfaya
contacontos: O Bardo Abelardo
teatro : " A nena que quería navegar "
apadriñamento lector : O alumnado de 6º comparte un conto en khamisibai , escrito e ilustrado por eles, para todos os compañeiros máis pequenos.Tamén o alumnado de 5º comparte un pequeno libro que convida a participar da experiencia : O Camiño
entrega de premios dos concursos de fotografía e poesía , convocado polo EDL.
Exposición das fotografías, poesías e outros traballos relacionados co libro e a lectura.

kamishibai : UNHA CAIXA DE CARTÓN ? (Polos nenos e nenas de 6º)


Unha Caixa de cartón ? from Bibliolois on Vimeo.





O BARDO ABELARDO


ENCONTRO DO ALUMNADO DE 6º CON AN ALFAYA

Este pequeno libro, mostra das habilidades de escritura con emprego da rima e ilustracións, convida a participar na experiencia de percorrer xuntos unha etapa do Camiño de Santiago

lunes, 3 de abril de 2017

Maruja Mallo - homenaxe



Rematado o puzzle que representa unha das obras pictóricas de M. Mallo colocouse na parede do pavillón nunha sesión na que participaron alumnos e mestres de diferentes grupos. Agora , durante a semana, vai ter lugar o roteiro cultural polo pobo para descubrir a casa onde naceu a pintora e outros lugares emblemáticos relacionados con ela. Imos estar guiados da man do mestre e cronista oficial Carlos Nuevo Cal.

jueves, 30 de marzo de 2017

Presentación do libro " El pescador de estrellas"

Onte pola tarde tivo lugar no Conservatorio de Música de Viveiro a presentación do libro " El pescador de estrellas " , da autoría de Domingo Del Prado . Trátase dun libro que ensina valores fundamentais na vida. O noso coro colaborou neste acto , facendo patente o feito de conectar escola e vida social.

miércoles, 29 de marzo de 2017

O coro no festival benéfico en Bravos



O noso coro participou o pasado venres nun festival benéfico , a favor do pobo saharaui ,xunto con outras formacións corais de adultos. O coro do Colexio é un espazo cultural de encontro e convivencia.

martes, 21 de marzo de 2017

Día do arte galego

Andamos preparando as actividades para conmemorar O Día das Artes Galegas , adicado este ano a Maruja Mallo .A proposta foi elaborada desde o equipo de Dinamización da mellora educativa e imos colaborar todos, mestres e nenos , na difusión desta figura artística, muller transgresora , anticipada no tempo, dinámica, revolucionaria , vangardista, ... e unha das figuras máis importantes da xeración do 27.

- Contamos cunha presentación audiovisual , que resume a súa vida e obra .
- Elaboramos un puzzle xigante , que recrea unha das súas obras. Pura xeometría , coa que andan os nenos a xogar nestes días , intentando facer encaixar os polígonos que dan forma ao traballo.
- Levaremos a cabo un roteiro artístico por Viveiro , guiados polo mestre e cronista oficial Carlos Nuevo Cal , que vai comezar no Colexio , diante do puzzle que se colocará nunha das paredes exteriores e continuará polo pobo , onde o alumnado vai descubrir a casa natal da pintora e outras construccións emblemáticas do momento.

Exposición conxunta - Mes das Letras

Queridas familias : estades todas convidadas á participar na exposición " A Mariña con moito arte " , traballo colaborativo dos centros escolares de Viveiro e outras zonas da nosa comarca.



Aquí deixamos algún texto , a modo de exemplo, para o traballo de Viveiro monumental ( " A Mariña con moito arte " )

lunes, 20 de marzo de 2017

CONCURSO DE DEBUXO " A NAI TRABALLADORA"

Con motivo da celebración do" Día da muller " algúns escolares do noso centro participaron nun concurso de debuxo , organizado polo Concello de Viveiro , cuio obxectivo foi poñer en valor a importancia da muller .
Resultaron premiados catro alumnos , pero é que ademais puidemos ver unha exposición chea de creatividade e que reflexaba artísticamente os sentimentos e as emocións que experimentan os nenos e nenas cando se paran a pensar no labor que fan as súas nais , dentro e fóra do fogar.