viernes, 24 de noviembre de 2017

Día internacional contra a violencia de xénero



Como cada 25 de novembro , alzamos a voz para denunciar as condutas violentas, os abusos e as agresións de todo tipo . Albergamos a esperanza de que a educación logre garantir a igualdade de trato e combater a discriminación. As nosas actividades neste día foron :


MÚSICA POLA IGUALDADE 


 Xunto co EEI San Roque, centro de Infantil  adscrito ao noso, o coro interpretou  un concerto pola igualdade . Un feito que constitúe un verdadeiro apadriñamento musical, cheo de sensibilidade e afecto por parte duns nenos e nenas que maioritariamente pasaron a súa etapa de Infantil alí e hoxe visitan o Colexio con agarimo ; ao mesmo tempo os futuros alumnos /as van tomando contacto coa realidade de Primaria.
      


      
E xa de volta no Colexio , concentrámonos todos no pavillón portando murais, pancartas , lemas ,... para expresar o noso desexo de erradicar a violencia .


Se queres ver máis fotos PICA

miércoles, 15 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA





Ciencia todos os días , pero especialmente neste mes de novembro queremos achegar a figura de Baltasar Merino e un pequeno caderno de actividades con moita ciencia e que nos fan pensar . Cinco minutos diarios para facer día a día as actividades que propoñemos. Unha maneira lúdica de pensar, aprender e activar o teu inxenio.


E neste mes da ciencia non poden faltar os experimentos , pequenos xogos didácticos que de maneira lúdica e manipulativa nos descubren os segredos do mundo que nos rodea. Os nenos de 5º ,de forma cooperativa , amosan os que fixeron . Un exercicio de expresión moi completo e saudable.


Unha lámpada de lava from Bibliolois on Vimeo.



Mesturar substancias con diferente densidade from Bibliolois on Vimeo.



lunes, 13 de noviembre de 2017

O MAGOSTO











Unha tradición galega que non pode faltar no ámbito da escola . Arredor do San Martiño temos cita coas castañas, os colares de zonchos , a festa e a convivencia .

Contamos ademais coa castañeira máis" marchosa" e todos os grupos prepararon bonitas cestas para recoller as castañas e comelas quentiñas .

ÁLBUM DE FOTOS ( PINCHA)